"Escribir cartas que sabes que nunca vas enviar"
Boa noite,
Facía tempo que non che escribía e xa comezaba a botalo en falta. A verdade e que non teño demasiada novidade, todo está coma sempre: estou de vacacións, con algún traballiño de cando en vez e proxectos novos a piques de comezar. Sabes? O de sempre, do que estas farto de saber.
Está sendo un verán interesante, a verdade. Cada vez coñezome máis a min mesma e doume conta de que xa sabía moitas cousas, só que non as cría como reais. Sabes? Como cando crees que algo é dunha cor aínda que sabes que é doutra. (Non sei se entenderás ben o exemplo).
A verdade, e que precisaba ter estas vacacións máis que nunca. Non só me están axudando a medrar como persoa, senón que tamén me están ensinando quen está ó meu carón. Sabes? As veces quen pensabas que ía estar contigo desaparece, e quen crías que non ías ver ata setembro resulta que che escoita cando estás de baixón as 2 da mañá.
Pero deixémonos de sentimentalismos, ti que tal todo? Como está o teu pequeno canciño? Xa cumpriu o ano?
Teño moitas ganas de verte, espero a túa resposta.
Unha aperta, Maite.
"Cartas sin destinatario"
No hay comentarios:
Publicar un comentario